Sunday 05 de May de 2024

Frades, nova parada para a xincana lingüística do SNL da Mancomunidade de Ordes


O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) continúa a súa andaina polos municipios da comarca, impartindo e facendo desfrutar a nenos e nenas coa súa xincana lingüística. O último lugar que se visitou foi o concello de Frades, onde participaron da actividade preto de 30 rapaces e rapazas. Esta vai dirixida a menores de entre 6 e 12 anos, que realizan carreiras de remudas, bingo de persoas e palabras encadeadas, entre outros xogos.